Arquivos da etiqueta: Lev Manovich

‘Software Takes Command’: o novo libro de Lev Manovich, accesible na rede

Software Takes CommandO teórico ruso Lev Manovich, autor da imprescindible obra The Language of New Media (2001, publicada en español por Paidós), regresa cun novo libro onde afonda nos conceptos apuntados nos seus traballos anteriores. O título é Software Takes Command e pubícao Bloomsbury, que ofrece unha versión dixital gratuíta para a súa consulta na web.

Na introdución do libro explícasenos como o software veu sustituir unha variedade de tecnoloxías físicas, mecánicas e electrónicas que se usaban antes do século XXI para crear, gardar, distribuír e interactuar con artefactos culturais. Converteuse na nosa interface co mundo, cos outros, coa nosa memoria e a nosa imaxinación: unha linguaxe universal a través da cal o mundo fala, e un motor universal sobre o que corre o mundo. O que a electricidade e o motor de combustión foron para os comezos do século XX, o software éo para os do século XXI. Con esta premisa, no libro Manovich ofrece a primeira aproximación teórica e histórica ao software para a creación nos medios e os seus efectos no concepto mesmo de “medios”.

Pódeselle botar un ollo ao libro enteiro aquí: