Arquivos da etiqueta: Literatura Comparada

As actas do simposio “Microcontos e outras microformas” xa están publicadas na rede

No pasado mes de outubro a Universidade do Minho organizou en Braga o simposio internacional “Microcontos e outras microformas”, no que participaron investigadores de Portugal, España, Francia, Brasil, Polonia, Tunisia e Israel, especialistas en narrativas que debateron sobre “os novos ou renovados réximes de escrita e de leitura que están en xogo nesta forma hiperbreve”, tal como explican os organizadores na introdución das actas, que xa se poden consultar na súa versión online.

O simposio organizouse dentro do proxecto de investigación “Mutações do conto nas sociedades urbanas contemporâneas: exuberância e minimalismo”, financiado pola Fundação para a Ciência e a Tecnologia de Portugal, e nel puxéronse sobre a mesa divesas cuestións de orde xenealóxica, intertextual e intermedial a propósito de conceptos e categorías como narratividade, hibridismo, parodia ou postmodernidade.

Para nós resulta especialmente relevante a influencia das tecnoloxías dixitais nesta nova forma narrativa, xa que, como explican dende a Universidade do Minho, “a generalização dos novos media (internet, videogames, DVD, etc.) e de novos suportes físicos para a escrita (ecrãs de telemóvel e de computador, Twitter) desencadeou um vasto desenvolvimento da produção e circulação de histórias, criando ao mesmo tempo novos constrangimentos físicos e novas “linguagens” que vieram modificar as formas e os géneros literários tradicionais (romances, novelas, contos). As novas práticas materiais de produção textual permitiram a criação de formas narrativas minúsculas que circulam em livro e na imprensa escrita, mas também em blogs, e-books e telemóveis (literatura digital). Daí a reativação da criação e do consumo de narrativas breves e ultrabreves, que surgiram há cerca de cem anos no contexto do modernismo, das vanguardas e da cultura de massas”.

Pola Universidade de Santiago de Compostela participou neste simposio a investigadora Begoña Díez Sanz, coa ponencia “El título en la minificción de José María Merino. Ensayo de una tipología”, que se pode ler enteira aquí, igual que o resto das actas do simposio.

Ciberliteratura e comparatismo

As actas do XVIII Simposio da Sociedad Española de la Literatura General y Comparada (SELGYC), que se celebrou en setembro do 2010 na Universidade de Alicante, veñen de ser publicadas no volume titulado Ciberliteratura i Comparatisme (Ciberliteratura y comparatismo), no que figuran como editores Rafael Alemany Ferrer e Francisco Chico Rico.

As comunicacións recollidas neste libro son as que participaron na sección dedicada á reflexión teórica e crítica sobre a ciberliteratura desde a perspectiva teórico-metodolóxica comparatista. Segundo os seus editores “tratábase, por un lado, de favorecer a exploración das formas coas que a literatura electrónica ten creado e introducido xa diferenzas aprezables no interior do sistema da literatura e, por outro, de valorar os modos segundo os cales a comunicación artística en xeral e a lectura literaria en particular se levan modificado coa aparición e o desenvolvemento do dominio do ciberespazo”.

Os profesores Darío Villanueva (membro do proxecto Le.es) e Dolores Romero (Universidade Complutense de Madrid), foron os encargados de dar as ponencias plenarias deste congreso. Villanueva ao mesmo tempo formou parte, canda Laura Borràs e Dámaso López, do comité científico do simposio, que seleccionou as propostas de comunicacións libres. Outro membro do proxecto Le.es, Saúl Rivas, participou como autor dunha destas ponencias, baixo o título “La ciudad mecánica en los juegos de rol. Una lectura marxista de Final Fantasy VII”. Pódese descargar en pdf aquí.

Entre o resto dos ponentes atopamos traballos de Laura Borràs (“La literatura digital bajo el estigma de la comparación”), Francisco Chico Rico (“La narración literaria analógica y la narración literaria digital. Análisis interdiscursivo de Il castello dei destini incrociati, de Italo Calvino, y Gabriella Infinita, de Jaime A. Rodríguez Ruiz”), Antonio José Bonome (“Los primeros pasos de una literatura ergóidca. William S. Burroughs y sus máquinas de producción textual”), Jordi Bermejo (“El videojuego: cibertexto y cajón de arena”), Yolanda de Gregorio (“Aproximación a Fitting the Pattern de Christine Wilks”), Covadonga Fouces (“Espacios ciberliterarios en la narrativa italiana actual. Un análisis interdiscursivo”), Sandra Hurtado (“El videolit. Una eina educativa al servei de la literatura comparada”), Isabel Marcillas (“Una aproximació a la noció de ciberteatre”), Amelia Sanz (“Literaturas e-comparadas: hacia un mapa de utilidades electrónicas para un comparatismo de hoy”) ou Begoña Regueiro (“¿Qué es poesía?: la literariedad en la poesía digital”).

Tamén se pode consultar en pdf un resumo das comunicacións.

I Congreso Internacional de la Asociación Española de Teoría de la Literatura (ASETEL)

I Congreso Internacional de la Asociación Española de Teoría de la Literatura (ASETEL)

Facultad de Filosofía y Letras, Universidad de Granada, del 26 al 28 de enero de 2011.

Organizan: Asociación Española de Teoría de la Literatura (ASETEL) y Área de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada de la Universidad de Granada.
Secciones temáticas:
Teoría de la literatura y de los géneros literarios.
Literatura comparada y Estudios postcoloniales.
Estética, Hermenéutica, Teoría del conocimiento literario.
Sociología de la literatura.
Estudios Culturales: literatura, cine, nuevos medios.

FONTE: asetel.org

Máis información aquí