Arquivos da etiqueta: Literatura Electrónica Hispánica

‘El esplendor de la escritura’, reflexión e relato hipertextual de Antonio R. de las Heras

Unha das novidades da literatura electrónica española (no sentido máis canónico) deste verán foi a publicación de El esplendor de la escritura, do escritor e profesor de cultura dixital Antonio Rodríguez de las Heras. Trátase dunha obra composta por pezas breves que en principio foron tweets ou mensaxes publicadas noutras redes sociais como Facebook ou Google +, e que agora cobran forma de relato hipertextual que ao tempo é unha reflexión sobre os novos retos da escritura no tempo dixital.

A obra está aloxada no espazo Literatura Electrónica Hispánica, da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, e así a presenta o seu autor:

El propósito de El esplendor de la escritura es doble.
Presentar sus reflexiones sobre la emergencia de una forma de comunicación en la Red,
la digitalidad,
que está entre la oralidad y la escritura,
y en consecuencia ofrecer al lector un texto,
un hipertexto,
escrito para residir en la Red
y ser leído en pantalla.

El esplendor de la escritura está accesible neste enlace.