Arquivos da etiqueta: muller

M-Artech convoca a mulleres creadoras e investigadoras en arte, ciencia e tecnoloxía

A plataforma M-Artech convoca a artistas e investigadoras que traballan en arte, ciencia y tecnología a formar parte da súa plataforma online para “visibilizar o seu traballo e fomentar o diálogo e a divulgación a través de encontros, charlas, talleres e exposiciones off e online”. Para isto queren crear unha base de datos cos perfiles e unha mostra do traballo de cada unha delas. Quen queira participar debe enviar os seus datos biográficos, contacto e enlaces ás súas webs ou blogs, e opcionalmente pode incluír artigos, comunicacións, abstracts ou ensaios (en pdf, word ou txt), así como vídeos, fotos e audios. A convocatoria é aberta, sen data de finalización.

Tal e como explican na súa web, M-Artech é un proxecto de conexión e de divulgación, que se xestou no CIMUAT (Congreso Internacional Arte, Mujer y Tecnología), que se celebrou en Valencia en novembro do 2010 coa presenza de artistas e investigadores que presentaron discursos anovadores na converxencia entre arte, muller e tecnoloxía. A través dos novos medios (electrónicos e dixitais, net-art, ciberactivismo e ciberfeminismo, arte interactiva, vídeo-instalación, videoarte, fotografía dixital, arte sonora, realidade virtual, realidade aumentada, etc) cuestionouse como a arte se produce e se nos mostra, avaliando os seus contidos e a súa función na sociedade.

Así, o obxectivo principal de M-Artech é conectar artistas e persoas investigadoreas que traballan na arte, na ciencia e na tecnoloxía e fomentar o diálogo e a divulgación das súas obras e coñecementos coa organización de ciclos de encontro, charlas, debates, obradoiros, exposicións e do uso dunha plataforma web como medio tecnolóxico de conexión e de difusión, coa creación dun arquivo online para o intercambio de investigacións, ensaios e traballos entre artistas, científicas ou grupos de investigación tecnolóxica. O proxecto promóveo a artista visual Francesca Mereu coa colaboración de Elizabeth Ross, Beatriz García e Luisana Rodríguez.

Neste vídeo publicado por MediaLab Prado pódese ver unha presentación da plataforma a cargo das súas creadoras: