Arquivos da etiqueta: performance

TKB: Ferramentas e base de coñecemento para as artes performativas dixitais

tkb3No Centro de Lingüística da Universidade Nova de Lisboa naceu o proxecto TKB (A Transmedia Knowledge-Base for Performing Arts), que se declara “nos intersticios entre a lingüística e os estudos de artes performativas” e que ten como obxectivo construír unha base de coñecemento aberta e multimodal para documentar e apoiar a creación de pezas de danza contemporánea. O proxecto comezou no 2009 e neste 2013 chega á súa fin.

Nel colaboran a Faculdade de Ciências e Tecnologia da Universidade Nova de Lisboa (Interactive Multimedia Group), o  Centro Coreográfico O Espaço do Tempo: Montemor-o-Novo e a  AHK: Amsterdam Hogeschool voor de Kunsten da Universidade de Amsterdam.

Os principais resultados que se acadaron neste proxecto foron un software para a creación de danza contemporánea e unha base web para agrupar o coñecemento xerado en torno á esta disciplina e as súas relacións cos medios dixitais.

O software chámase polo de agora Creation Tool e trátase dun anotador de vídeo que serve para axudar no proceso creativo dos coreógrafos e funciona como un caderno dixital onde se poden facer anotacións en tempo real sobre un vídeo de danza. O desenvolvemento desta ferramenta seguiu un proceso de deseño iterativo no que participaron dous coreógrafos e que foi testado con bailaríns internacionais durante unha residencia-taller de danza contemporánea. O software pódese descargar na web do proxecto, canda un manual e diversas ilustracións e exemplos de uso.

A Knowledge-Base  lanzarase durante este ano e foi concebida como un recurso aberto e dinámico que funcionará como unha plataforma de relacións para todos os creadores, artistas e investigadores das artes performativas que queiran compartir os seus procesos creativos, métodos de traballo ou pezas rematadas.

Outra das actividades que realizou este ano o proxecto TKB foi o congreso internacional Multimodal Communication: Language, Performance and Digital Media, que se no mes de maio en Lisboa, en no que se presentaron os recursos mencionados. Podemos ler unha completa crónica na revista Digicult, e tamén este vídeo no que se resumen as principais ponencias do congreso.

‘We Think Alone’, o novo proxecto epistolar de Miranda July

we-think-alone2A artista norteamericana Miranda July, que leva anos experimentando con distintos tipos de textualidades que van do cinema á literatura, á performance ou aos new media, lanzou a comezos deste mes o seu último proxecto, titulado We Think Alone. Trátase dunha obra que usa como medio principal o correo electrónico, e que consiste no envío a aquelas persoas que o soliciten dunha compilación de e-mails privados pertencentes a 20 personalidades do mundo da cultura nos Estados Unidos. Entre elas, cineastas como Lena Dunham, escritores como Etgar Keret, actrices como Kirsten Dunst ou deportistas multidisciplinares como Kareem Abdul-Jabbar.

Cada semana o lector recibirá un correo de Miranda July cun tema diferente. Ata agora os tres primeiros temas foron: un correo sobre diñeiro, un correo que dea consello e un correo que mencione a Barack Obama. O que pode quen reciba cada email é unha selección de mensaxes que os seus propietarios lle proporcionaron a July. Todos tiñan que ser de datas anteriores ao 11 de noviembre do ano pasado e ser reais. O interese, segundo July, reside en coñecer mellor estes personaxes fedellando (co seu permiso) no seu correo, vendo como falan de temas que normalmente non son dos que se adoitan en público. Así o explica a autora:

I’m always trying to get my friends to forward me emails they’ve sent to other people — to their mom, their boyfriend, their agent — the more mundane the better. How they comport themselves in email is so intimate, almost obscene — a glimpse of them from their own point of view. WE THINK ALONE has given me the excuse to read my friends’ emails and the emails of some people I wish I was friends with and for better or worse it’s changed the way I see all of them. I think I really know them now. But our inner life is not actually the same thing as our life on the computer — a quiet person might !!!! a lot. A person with a busy mind might write almost nothing. And of course while none of these emails were originally intended to be read by me (much less you*) they were all carefully selected by their authors in response to my list of email genres — so self-portraiture is quietly at work here. Privacy, the art of it, is evolving. Radical self-exposure and classically manicured discretion can both be powerful, both be elegant. And email itself is changing, none of us use it exactly the same way we did ten years ago; in another ten years we might not use it at all. Thank you to Kareem, Kirsten, Sheila, Danh, Lee, Etgar, Kate, Laura, Lena and Catherine for their daring and diligence.

Tal e como comenta a revista dixital Rhizome, non se trata da primeira obra de arte dixital que utiliza como elemento textual fundamental o correo electrónico: así o fixo tamén o proxecto Life Sharing que fixeron en 2001 Eva e Franco Mattes. Vendo un e outro proxecto pódense aprezar as diferenzas de 12 años no uso do correo electrónico, en termos de conectividade e sobre todo da forma en que cada persoa proxecta a súa identidade no medio. Deste xeito, no caso de July, tamén se tematiza a privacidade e a celebridade, e cómo personaxes públicas proxectan as súas distintas identidades privadas en segundo qué tipo de conversación por e-mail.

O experimento está comisariado pola galería Magasin 3 de Estocolmo e prolongarase durante un total de 20 semanas, ata o 11 de novembro de 2013. Calquera persoa pode solicitar recibir os e-mails en calquera momento, pero só recibirá os que se produzan a partir da súa suscrición, sen poder recuperar os anteriores.

Remediando o social: vídeo do congreso da ELMCIP en Edimburgo

elmcip_conferenceO pasado mes de novembro a ELMCIP celebrou en Edimburgo o congreso Remediating the Social, que atraeu expertos de todo o mundo para compartir traballos académicos e sobre todo experiencias e casos de estudo en torno á creación colectiva nos novos medios. A través de conferencias, presentacións, exposicións e performance, o evento xuntou nomes como Nick Monfort, Ian Bogost, Scott Rettberg, Marc C. Marino, Eugenio Tisselli, Roderick Coover, J.R. Carpenter ou Donna Leishman en diferentes localizacións da capital escocesa. A ELMCIP recolleu e relatou o máis salientable do congreso neste vídeo documental de dez minutos:

Viaxe ás relacións entre teatro e cinema catalán da man de Marcel·lí Antúnez, Joaquim Jordà e Esteve Riambau

eldibuixant

O ciclo céntrase nas relacións entre teatro e cinema por medio de cinco propostas de diversa natureza. El dibuixant e El peix Sebastiano achégannos ao proceso creativo e ao universo privado do artista Marcel·lí Antúnez, figura senlleira da arte electrónica e a experimentación escénica, ademais de cofundador de La Fura dels Baus, compañía teatral de recoñecido prestixio internacional. Pola súa banda, Numax presenta e Veinte años no es nada, do director Joaquim Jordà, reconstrúe a experiencia de autoxestión dos traballadores da fábrica Numax por medio de senllos documentais nos que o teatro é incorporado como recurso narrativo. Finalmente, Màscares de Esteve Riambau, Director da Filmoteca de Catalunya, culmina este percorrido pola relación entre teatro e cinema invadindo, de xeito privilexiado, o espazo entre bastidores dun actor, Josep M. Pou, na preparación dunha das súas obras.

Intermedialidades conta coa colaboración do CEFILMUS (Centro de Estudos Fílmicos da Universidade de Santiago de Compostela) e mais o apoio do Institut Ramon Llull e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua.

A asistencia e participación neste ciclo é convalidable como seminario (certificado de 20 horas).

INFORMACIÓN: anxo.abuin@usc.es

Inscrición gratuíta

Prazo de inscrición até o 30 de maio de 2013

PROGRAMA

Xoves, 30 maio

19:00 – 19:30 h. Inauguración do ciclo. Relatorio de Marcel·lí Antúnez Roca, ­ figura senlleira da arte electrónica e da experimentación escénica; cofundador de La Fura dels Baus

19:30-20:30 h. Proxección de El dibuixant (60 min) de Marcel·lí Antúnez Roca

20:30-21:00 h. Pausa

21:00-21:30 h. Proxección de El peix Sebastiano (32 min) de Marcel·lí Antúnez Roca

21:30 h. Coloquio coa presenza do director.

Venres, 31 maio

10:30-12:30 h. Numax presenta (105 min) de Joaquim Jordà

12:30-13:00 h. Pausa

13:00-13:30 h. Relatorio sobre O universo teatral de Joaquim Jordà, a cargo de Xosé Nogueira Otero, Profesor de Historia da Arte (Historia do Cine) da USC e Secretario do (CEFILMUS) Centro de Estudos Fílmicos da Universidade de Santiago de Compostela

13:30 h. Coloquio

16:00-18:00 h. Veinte años no es nada (117 min) de Joaquim Jordà

18:00-18:30 h. Pausa

18:30-20:30 h. Proxección de Màscares (90 min) de Elisabet Cabeza e Esteve Riambau. Coa presenza do cineasta Esteve Riambau, Director da Filmoteca de Catalunya, Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universitat Autònoma de Barcelona e Vicepresidente da (FIAF) Federación Internacional de Arquivos Fílmicos

20:30-21:00 h. Pausa

21:00 h. Mesa redonda e coloquio coa participación de Marcel·lí Antúnez, Esteve Riambau, Ángel LuisHueso e Xosé Nogueira

Últimos días para concorrer ao iNTERFACES, concurso de arte interactiva no Porto

interfacesO 31 de marzo finaliza o prazo para presentar traballos a iNTERFACES, o concurso de arte interactiva convocado polo CITAR (Centro de Investigação em Ciência e Tecnologia das Artes) daUniversidade Católica Portuguesa, no seu centro rexional do Porto.

Tal e como explica o texto de presentación na súa web, a iniciativa nace “da necesidade de promover a creación artística dixital contemporánea e de dar a coñecer obras interactivas de artistas nacionais e internacionais”. Baixo tema aglutinador é o interface (sistema ou dispositivo a través do cal entidades non relacionadas poden interactuar), “son admitidos a concurso traballos artísticos nas máis diversas áreas: da instalación audiovisual interactiva á internet, da performance á arte electrónica, da realidade virtual ao cinema interactivo”.

As obras a concurso e as vencedoras mostraranse no 10º Festival Internacional Audiovisual Black&White da Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa. Tamén se porán a disposición do público de todo o mundo a través dun repositorio dixital.

Na web do concurso pódese descargar o regulamento e tamén a ficha de inscrición para participar.

Rosa Sánchez, creación e investigacion na escena interactiva telemática

(De magmática)

A galega Rosa Sánchez (Narón,1951) leva anos afincada en Barcelona e traballando no mundo da performance dixital, e xunto a Alain Baumann impulsa desde 1990 a plataforma Kònic Thtr, desde a que promoven “o encontro e a colaboración con artistas, teóricos e tecnólogos de diversas disciplinas e países, que son convidados a compartir as súas propostas creativas ou de investigación”.

Rosa Sánchez
O seu traballo pivota entre o que eles chaman escena interactiva e telemática, e conxuga diversas disciplinas como o vídeo, a danza, a arte sonora, a instalación o teatro ou a performance, investigando e usando novas tecnoloxías dixitais.

Aquí podedes ver unha conferencia na que amosan e explican o seu traballo:

Convidámosvos a visitar a súa web para coñecer máis a fondo o traballo destes artistas e o seu labor non só como creadores senón tamén en investigación e formación.

Xelís de Toro inaugura en Santiago a exposición sobre ‘O libro das pontes invisibles’

Este xoves 13 de setembro presentouse na galería Metro de Santiago de Compostela O libro das pontes invisibles e a exposición que o acompaña, que forma parte dunha obra multidisciplinar formada por 30 textos de Xelís de Toro, trasladados ao inglés por John Rutherford, e unha colección de distintas obras de arte creadas por 14 artistas internacionales inspiradas nestes textos. O conxunto adquiriu forma de libro + DVD, editado por Pighog Press, e tamén dunha exposición que fixo este ano en Brighton, cidade inglesa na que vive o escritor, e que agora trae á súa cidade natal nun formato reducido.

Na web do proxecto, Xelís de Toro explica o proceso de O libro das pontes invisibles, que é tan importante como o resultado: unha vez que a colección de textos foi escrita e traducida pasóuselle a catorce artistas colaboradores, tanto do Reino Unido como de Galicia. Durante un período de tres meses cada un deles creou unha obra única na súa práctica respectiva, inspirada por un texto, por un fragmento ou por varios textos. Estas colaboracións preséntanse na última parte do libro e no DVD que o acompaña, e algunhas delas pódense ver na exposición da Galería Metro ata o 3 de outubro.

En concreto os artistas cuxa obra se pode ver nesta exposición son, ademais do propio Xelís de Toro, Ed Briggs, Chévere, Simon Wilkinson [circa69], Bruno Humberto, Yael Karavan, Fredrik Lloyd, Linda Remahl, Fran Pérez (Narf), Matt Rudkin, Dolores Sanchez Calvo, Jim Sanders, Jonathan Swain e Prue Waller.