Arquivos da etiqueta: Poesía xenerativa

Poeta fatal, un bot de Twitter que xera poesía en galego

Un bot, en twitter, é un perfil creado para tuitear, de xeito automático, aquilo que o seu programador ordene, segundo diferentes formas xerativas que poden ser textuais, visuais, etc e responde a algoritmos máis ou menos complexos. En Galicia temos un creador de bots, Berto Yáñez, que experimenta con diferentes formatos e é o pai de varias criaturas artificiais en Twitter: por exemplo, a conta @unsaudo, a máis popular, programada para tuitear cada 2 horas un saúdo para un lugar dunha parroquia dun concello, extraído aleatoriamente da base de datos do Nomenclátor da Xunta, onde se atopan todos os topónimos galegos.

Outros bots da súa creación son @galegosilustres, que combina fotos de persoeiros historicos da cultura galega con letras de reggaetón, @postaisgalegas, que elixe unha imaxe aleatoria de Google Street View en Galicia para convertela unha postal que di “Estiven en (nome do sitio) e lembreime de ti”, @paxaroespacial, me amosa un pequeno vídeo co imaxes de satélite de Galicia nas 2 últimas horas ou @10sdememoria, que mostra dez segundos aleatorios sacados do arquivo audiovisual da Televisión de Galicia.

Pero entre eles destacamos @poetafatal, un bot que tuitea cada 4 horas unha estrofa composta de 4 versos endecasílabos en rima consoante, todo con palabras do corpus galego (non das sinxelas) que cobran sentido, ou non, ou certa poética segundo se van mesturando en cada tuit.

Aquí algúns exemplos:

 

 

Hai poesía en Google?

Cada día Google está máis presente nas nosas vidas: xestiona o noso correo, os nosos documentos, as nosas comunicacións, os nosos vídeos e ata o mapa dos sitios polos que nos movemos. Con Google Plus quere extender a súa presenza a un territorio xa conquistado por outros, as redes sociais. E sen o seu buscador xa non podemos vivir, substituiu a nosa memoria. Mais esta máquina que tanto nos controla é capaz por si mesma de producir algo parecido á poesía?

A reposta é que a poesía pode aparecer no lugar máis inesperado, só hai que querer vela. Así o fixo Davi Carneiro, un xornalista e escritor brasileiro que vive entre Barcelona, Brasil e Romenia, e que dende hai uns meses publica en Tumblr Poesia do Google, un blog con capturas de posibles poemas atopados por el e polos seus lectores, apartir das procuras suxeridas en Google cando introducimos algún termo para buscar. Por exemplo, poden saír pezas coma esta:

poesiagoogle1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A idea de facer este blog capturando a poesía que pode haber en Google non é orixinal senón que está tirada de Google Poetics, que se dous finlandese lanzaron en inglés por primeira vez en outubro do 2012, e que agora xa conta con versións polo momento en suomi, sueco, italiano, holandés, letón, danés, bosnio, alemán e serbio. En castelán aínda non se fixo.

As poesias de Google mesmo serven para recitar, como demostra Lucas Rossi en Youtube, entoando un poema que atopou no blog de Carneiro: