Arquivos da etiqueta: política

Radical Karaoke, de Belén Gache, un dos traballos españois na ELC

A escritora Belén Gache asina un dos traballos de factura española no 3º volume da Electronic Literature Collection. Trátase de Radical Karaoke, un xerador literario dinámico cunha fonda carga política e personalizado para o usuario, e consiste nun dispositivo online que permite que calquera usuario poida enunciar discursos políticos. Así o explica a autora na súa declaración de intencións.

La política, a nivel mundial, se dedica hoy casi exclusivamente a la retórica. Sus discursos se estructuran en base a fórmulas enfáticas y demagógicas, sin contenidos específicos. Su función principal parece ser la de crear clichés lingüísticos cuya única meta, al igual que los virus, es repetirse a sí mismos. El obligado uso del teleprompter en los discursos políticos remite, además, al fenómeno del ventrilocuismo y el karaoke. Se trata de un juego de escuchar y repetir consignas mecánicamente. Convertidos en una sociedad zombie, no somos nosotros los que hablamos sino que son otros (¿el poder?, ¿el mercado?, ¿el lenguaje mismo?) los que hablan a través nuestro. 

Mientras que, a comienzos del siglo XX, la política se valía de las nuevas tecnologías de la época como la radio o los altavoces para llegar a las masas, hoy se vale de teleprompters, podcasts y redes sociales. A partir de un conjunto de poesías que se apropian de la retórica de la propaganda política, RK busca interrogar los discursos hegemónicos y trabaja con el permanente contraste entre la utopía y el lugar común; el espíritu revolucionario y el timo que subyace en estos textos.

Estas piezas sonoras están construidas a partir de una estructura verbal fija y textos aleatorios. Sólo que aquí, la voz y el cuerpo son ineludibles. Al igual que el karaoke convierte en supuesto cantante y protagonista a quien lo utiliza, mediante el uso de este dispositivo cualquiera podrá tener la ilusión de verse convertido en un líder político y arengar a las masas.

Neste vídeo podemos ver unha mostra do funcionamento de Radical Karaoke presentada pola propia autora:

Zoopolitik, un proxecto de ‘escrita interactiva’ sobre o 15-M feito desde Galicia

A editorial Axóuxere, en colaboración coa Universidade Invisíbel, lanza Zoopolitik, un novo espazo de experimentación para a escrita colaborativa dun libro sobre o #15m.

Con este proxecto a Universidade Invisíbel, grupo de activistas e teóricos galegos vencellados á Universidade Nómade, quere constituír “unha colección de pensamento e activismo contemporáneo chamada [expect us], na que, para comezar co proceso co-creador, se definiu un espazo aberto de experimentación ensaística sobre o fenómeno do #15M. Chamamos a este espazo: Zoopolitik, Reinvención Democrática & Política de Movemento”.

Tal como explican dende Axóuxere, “en consonancia coas formas 2.0 que caracterizan as prácticas organizativas e deliberativas d@s indignad@s, a escrita deste libro proponse como un ensaio ou experimentación na produción textual, aberta e colaborativa”. Deste xeito, na web da iniciativa irán aparecendo os epígrafes e capítulos, “ofrecidos como punto de partida aos cibernautas para propiciar debates e recombinacións das ideas e dos seus contidos”. O mecanismo que teñen as lectoras e lectores para participar desta proposta non se especifica, pero pódese facer usando o mail ou os comentarios da web.

Sobre o recoñecemento do autor, apuntan: “Aquilo que no texto mellore grazas á túa achega, será oportunamente recoñecido cunha cita. Se o que posteas é simplemente demasiado bo, incluirémolo integramente como un anexo. Neste último caso, se nos deixas o teu contacto enviarémosche unha copia gratis do libro impreso. E é que, saia o que saia da colaboración aquí proposta, a editorial Axóuxere, temeraria ela, comprometeuse a publicalo.”

Unha análise interdisciplinar do #15m

Zoopolitik, Reinvención democrática & política de movemento, é unha análise interdisciplinar do #15M cuxos textos iniciais foron redactados por catro membros da Universidade Invisíbel: os antropólogos Antón Fernández de Rota e Carlos Diz, o sociólogo Martín Cebreiro e o filósofo e blogger Rosendo González, todos eles especializados no estudo da cultura política e os novos movementos sociais. O eixo do libro é a conceptualización e a interpretación histórica do que os impulsores chaman “modos de vida”. Consideran que para comprender o que aconteceu dende a Primavera Árabe até o Occupy Wall Street, pasando polo #15M, é preciso atender ás transformacións da vida cotiá no último medio século. Para pensar as mutacións do vello animal político, Zoopolitik non dubida en botar man das Ciencias da Vida e a Filosofía e Socioloxía da Ciencia, para dar conta do seu modo de vivir en rede nunha sorte de “bestiario da disidencia”.

Fronte ao berro “Steal this Book!”(Rouba este libro), co que a Abbie Hoffman e os Yippies dos anos 60 protestaban en contra das dinámicas da industria cultural, a Universidade Invisíbel aposta por unha transformación na produción e difuminación dos saberes e a cultura resumida na consigna “Write and Share this Book!” (Escribe e comparte este libro). En Zoopolitik, a experimentación con formas participativas de escrita vai acompañada por unha crítica da figura do copy right e a privatización dos saberes, e garantida pola licencia creative commons. Esta reivindicación do “dereito a compartir” é a mesma que fai súa a editorial independente Axóuxere, os reponsábeis da súa edición en galego.