Arquivos da etiqueta: Saint Etienne

O volume ‘E-Formes 2, Au risque du jeu’ aborda as relacións entre xogo e arte nas formas dixitais

O libro E-Formes 2, Au risque du jeu, coordinado por Monique Maza e Alexandra Saemmer, recolle os artigos e comunicacións presentados no congreso homónimo que se celebrou en Saint Etienne (Francia) en 2008.

A recollida destas actas reflicte o traballo multidisciplinar de investigadores e de artistas con moi diversas bagaxes, un campo cuxas producións dilúen as fronteiras entre artes e costumes que van alén dos paradigmas convencionais da análise e da crítica.

Aínda que moldeadas por programas informáticos, as “e-formas” actualízanse con palabras, imaxes e sons. Na fronteira entre obxectos artísticos posteados na Web e obxectos de comunicación deseñados para ela, reaprópianse das formas tradicionais, incorpónas ao seu propio medio e existen entre a programación e as prácticas interactivas.

Tanto se consideramos estas formas como lixeiras, brincadeiras e pouco transcendentes, e que operan baixo falsas pretensións, como recreadoras no seu sentido de parodia ou xenio poético, é importante recoñecer que estas e-formas son partes dunha paisaxe cultural que está aínda pouco clara e que os textos recollidos aquí teñen o mérito de explorar e empezar a clarificar.

O volume, que está todo escrito en francés, divídese en dúas seccións: 1) O xogo como espazo de resistencia, 2) Cando a arte se volve xogo. Nel participan ademais da propias editoras, Monique Maza e Alexandra Saemmer , distintos autores como Sébastien Genvo, Marida di Costa, Étienne Armand Amato e Fanny Georges, Estrella Rojas, Giovanna di Rosario, Ambroise Barras, Serge Bouchardon, Luc Dall’Armenllina, Laurent Pottier, Samuel Bianchini e Jean-Baptiste Labrune, Philippe Bootz, Marc Veyrat, Joël Gilles ou Mihai Christian Ile.